LOBES SALVAXES en producción



Lobes Salvaxes  é unha investigación artística e teórica situada que rastrexa o salvaxe e o monstruoso na cultura galega para reescribilos a través da figura dos lobos e licántropos, entendidos como corpos disidentes que rompen coas lóxicas binarias de sexo e xénero. A partir deste mito construímos unha cartografía queer que sinala tanto os mecanismos de control, opresión e violencia sobre os corpos das mulleres e persoas queer como as súas formas de resistencia, abrindo un espazo de desobediencia lobeira dende o que imaxinar novas narrativas de liberdade, anárquicas e caóticas.

O proxecto materialízase nunha práctica escénica e multidisciplinar que combina performance, videocreación, cultura oral e paisaxe sonora para disolver as fronteiras entre ficción e realidade e activar unha experiencia sensorial e crítica no público. A partir da reelaboración de mitos, lendas e relatos da tradición galega, Lobes Salvaxes constrúe unha xenealoxía especulativa que converte o “monstruoso” nunha metáfora de emancipación nun territorio fértil para a experimentación política e afectiva.

Wild Wolves  is a situated artistic and theoretical research project that traces the wild and the monstrous in Galician culture in order to rewrite them through the figure of wolves and werewolves, understood as dissident bodies that break with binary logics of sex and gender. From this myth we build a queer cartography that points both to the mechanisms of control, oppression and violence exerted on the bodies of women and queer people and to their forms of resistance, opening up a wolfish disobedience from which to imagine new narratives of freedom, anarchic and chaotic.

The project materialises in a scenic and multidisciplinary practice that combines performance, video creation, oral culture and soundscape to dissolve the boundaries between fiction and reality and to trigger a sensorial and critical experience in the audience. By reworking myths, legends and stories from Galician tradition, Lobes Salvaxes constructs a speculative genealogy that turns the “monstrous” into a metaphor of emancipation within a fertile territory for political and affective experimentation.







A primeira aproximación práctica a Lobes Salvaxes tivo lugar nas Residencias Paraíso na Illa de San Simón no ano 2025, onde  se comezou a trasladar a investigación teórica ao corpo, á escena e á paisaxe sonora. Nese contexto puxéronse en xogo por vez primeira os materiais da cultura oral, a performance e a videocreación, ensaiando dispositivos escénicos que nos permitiron experimentar coa desobediencia lobeira e co potencial emancipador do monstruoso. Para este traballo contei con Adrián Rodríguez Riveiro como compositor e intérprete en directo,  colaborando en trasladar a investigación a escena.The first practical approach to Wild Wolves took place during the Residencias Paraíso on the Island of San Simón in 2025, where the theoretical research began to be translated into body, stage, and soundscape. In this context, materials from oral culture, performance, and video creation were put into play for the first time, testing scenic devices that allowed us to experiment with wolfish disobedience and with the emancipatory potential of the monstrous.or this work I collaborated with Adrián Rodríguez Riveiro as composer and live performer, helping to bring the research onto the stage.