CONTR[ARQUIVO]
Galicia,  2025 -



Contr[arquivo] un proxecto de recollida oral que nace da necesidade de construír un arquivo de persoas queer no rural galego. Procura construír a memoria a través da oralidade co fin de “recolleitar e producir información sobre suxeitos que foron deliberadamente ou accidentalmente excluídos dos estudos tradicionais” (Halberstam, 2008, p.35). Unha memoria que foi, e segue sendo, invisibilizada, silenciada e ocultada.

A construción deste arquivo tamén ten como obxectivo reimaxinar o rural como un espazo potencialmente queer/agroqueer/cimarrón, afastado dos sistemas de opresión e dominación, en resposta á tendencia das novas ruralidades que presentan o campo como un espazo diverso e inclusivo.Este proxecto busca así crear un repositorio sonoro, apoiado en materiais audiovisuais, de acceso aberto e dispoñible publicamente, que visibilice e preserve a memoria das persoas queer no rural galego, dende a perspectiva das súas vidas cotiás.

Contr[arquivo] is an oral collection project born from the need to build an archive of queer individuals in rural Galicia. It seeks to construct memory through orality in order to “gather and produce information about subjects who have been deliberately or accidentally excluded from traditional studies” (Halberstam, 2008, p.35). A memory that has been, and continues to be, invisibilized, silenced, and hidden. 

The construction of this archive also aims to reimagine the rural as a possible queer/agroqueer/maroon space, far from systems of oppression and domination, in response to the trend of new ruralities that position the countryside as a diverse and inclusive space. This project therefore aims to build a sound repository, supported by audiovisual materials, open-access and publicly available, that makes visible and preserves the memory of queer people in rural Galicia, from the perspective of their everyday lives.


CAPÍTULO 1: XANHE